A comunidade universitaria do campus de Ourense e todos os ourensáns en xeral contan desde agora cunha nova zona verde na que poden gozar do tempo libre e da natureza. Trátase do Parque Ambiental Xardíns As Lagoas, inaugurado este martes polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez. As novas instalacións, que ocupan 50.000 metros cadrados e están deseñadas con criterios ambientais e de sustentabilidade, convértense no pulmón verde da cidade polas súas dimensións, ubicación e riqueza. Son ademais, segundo salientan os responsables das dúas institucións promotoras, un exemplo máis da estreita colaboración entre a Universidade de Vigo e o Concello de Ourense para integrar social, económica e urbanisticamente o campus ourensán na súa contorna.
19/07/2011