Cada xeración medra cuns determinados xogos que forman parte das súas características diferenciais, desde os xogos tradicionais dos maiores ata as videoconsolas dos máis pequenos. E cada xeración “acusa” ás outras de non saber divertirse tanto coma ela. Para rachar este tópico e sobre todo para romper as barreiras sociais que tenden a manter afastados a adultos e nenos fóra do contexto familiar, o campus de Ourense acolleu este xoves as IX Xornadas Interxeracionais. Nelas, arredor dun cento de escolares, universitarios e maiores compartiron un día moi especial de actividades e ocio co único obxectivo sacar de todos eles, ao marxe da súa idade, o neno que levan dentro e de aprender uns doutros. Ninguén mellor ca eles sabe como divertirse e así o amosaron unha vez máis nesta cita.
19/04/2012