Madrid, Cáceres, Valladolid ou Polonia son algúns dos lugares de orixe dos 24 alumnos que están a participar no IV Curso de verán de Lingua e Cultura Galegas, organizado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade e que se desenvolverá ata o 26 de xullo en Allariz. O curso, dirixido a persoas non galego falantes, conta coa participación de alumnos procedentes de diversas localidades españolas, como Cáceres e Madrid e tamén de países europeos, salientando unha acusada presenza de estudantes polacos, “que conforman máis do 50% do noso alumnado” comenta a profesora do curso, Elvira Riveiro.
21/07/2010