Esta fin de semana os estudantes fixeron algo máis que descansar xa que, a piques de empezar os temidos exames do primeiro cuadrimestre, hai moitos apuntes que memorizar e moitos traballos que entregar. Desta volta, a novidade foi a apertura da Biblioteca Central do campus os sete días da semana mentres dure a época de avaliacións, sendo esta fin de semana a primeira das catro en total nas que manterá abertas as portas. Ao longo do sábado e do domingo, a afluencia de estudantes foi constante, sendo a tarde do sábado o momento de maior número de usuarios con 145 persoas. Na mañá do domingo foi cando menos actividade se rexistrou, recuperando un pouco xa pola tarde, cando se contabilizaron 75 alumnos arredor das 17.00 horas.
21/01/2008