530 inscritos participarán desde o luns e ata o vindeiro venres nas I Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental que se celebrarán no salón de actos da Facultade de Ciencias.
Organizadas pola Asociación Medioambiental Universitaria, Syme, e a vicerreitoría de Ourense, as xornadas nas que se abordarán cuestións como os espazos protexidos, a agricultura ecolóxica, a xestión ambiental ou principios xurídicos, están dirixidas a alumnos da Universidade de Vigo, técnicos ambientais e público en xeral. As sesións celebraranse todas as tardes a partir das 16:00 horas.
19/10/2007