“Sustentable. Dito dun proceso: que se pode manter por si mesmo, como o fai, por exemplo, un desenvolvemento económico sen axuda exterior nin mingua dos recursos existentes”. Esta é a definición da Real Academia Española da palabra de moda en xestión. Tradicionalmente vinculada á ecoloxía, a súa reivindicación pasa agora tamén ao eido económico e ao social. Para afondar na xestión e comunicación da sustentabilidade, a Rede REAL, a través do CITI, organizou este martes e mércores unhas xornadas en Ourense nas que se fixo fincapé na súa aplicación ao sector agroalimentario galego.
08/06/2011