Asegura que nunca sentiu a chamada do espectáculo como tal pois quixo ser actriz “non por facer algún personaxe senón para cambiar o mundo desde un escenario”, explica Mariana Fernández Pérez, máis coñecida como Mariana Carballal, unha das mellores profesionais do panorama audiovisual galego e profesora de Dirección escénica e Interpretación en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Actriz de televisión, de cine e de teatro, tivo a oportunidade de facerse un pequeno oco na nova película de Pedro Almodóvar, unha experiencia que recoñece que lle subiu a autoestima porque “me fixo sentir tan importante como Antonio Banderas”. Nacida nunha pequena aldea de Ourense, na actualidade presenta o reality show da TVG, O gran cambio, “outra experiencia nova”, apunta.
14/02/2011