Tras o paso polo campus o pasado mes de maio coa edición de Primavera, o ciclo Sonora volve traer de novo a música independente ao campus. Concentrado o cartel nun só día, este mércores, o teatro Vidal Bolaño volverase encher de público cun cartel de máxima calidade. Para abrir boca, a iso das 16.30 horas, proxectarase o documental Control, ao que lle seguirá o concerto do parisino Stanley Brinks e, máis tarde, a banda de indi-rock de Manchester I am Kloot.
16/11/2009