“Un aporte do saber das mulleres sobre as mulleres e sobre o mundo”, así definen as profesoras María Jesús Fariña, Purificación Mayobre e Beatriz Suárez Briones o volume “O reto da igualdade. Feminismo, xénero e universidade”, que elas mesmas coordinaron e no que se recollen nove artigos que inciden na necesidade de impulsar a formación en igualdade, sobre todo, no nivel universitario, “pois trátase nel de formar ás persoas que no futuro formarán á súa vez, a rapaces e rapazas”, sinalan. A obra ten a súa orixe no curso de “Formación en xénero”, organizado no 2007 pola Área de Igualdade da Universidade
09/05/2008