Único en Galicia e en España, o Máster en contaminación industrial: evaluación, prevención y control comeza a súa andaina este curso 2009-2010 na ETSE Industriais da Universidade de Vigo. O obxectivo principal será formar profesionais na minimización do impacto ambiental da actividade industrial e na xestión de residuos, “un ámbito no que, a día de hoxe, existe moita demanda de profesionais a raíz da crecente lexislación das diferentes administracións”, explica o seu coordinador Benedicto Soto. Durante os dez meses de duración, os alumnos afondarán en aspectos como a caracterización e avaliación de residuos e contaminantes, o control e tratamento de residuos e emisións industriais, os aspectos xurídicos e administrativos neste eido e a recuperación de compartimentos do medio afectados polas actividades industriais como o solo e as augas.
02/10/2009