A cidade de Vigo está a ser, dende este xoves e ata o vindeiro sábado, o centro do debate sobre a situación sociolingüística de Galicia coa celebración do Simposio Internacional Ecolingua. Organizada polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos, a Universidade de Vigo participa neste evento a través das intervencións de Henrique Costas, director da Área de Normalización Lingüística e Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais serán dous dos relatores o venres e o sábado, respectivamente. Xunto con eles expertos e investigadores de universidades de todo o mundo como a de Helsinki, a de Quebec, Rovira i Virgili, Barcelona, País Vasco, Autónoma de Madrid, Amsterdam, Paraná, Complutense de Madrid, Gales, Cardiff, Nova Gorica, en Eslovenia e as universidades da Coruña e de Santiago de Compostela.
17/12/2009