Dos 155.000 nenos e nenas con discapacidade censados en España, o 51% abandonan os seus estudos e só un 4% chegará á universidade. No Día Internacional e Europeo das persoas con discapacidade que hoxe se celebra, o presidente da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, Juan Luis Bouvy, reflexiona sobre a importancia da educación para as persoas con discapacidade.
Claro que é posible estudar sendo unha persoa discapacitada!", sinala Bouvy que lembra que aínda cunha discapacidade, iso non lle impide estudar a quen a padece. Iso si, mentres "o/a estudante discapacitado/a se esforza", en institucións como a universidade "a materia da accesibilidade universal é un reto, transversal, de obrigado cumprimento".
03/12/2009