Coa publicación dos ensaios galardoados co I Premio de Investigación, a Cátedra Alexandre Bóveda, cumpre un dos obxectivos cos que naceu: o de fomentar a realización de estudos de investigación referidos a Galicia no ámbito das ciencias sociais abarcando calquera dos seus campos: economía, dereito, política ou outras materias. Este mércores presentáronse os libros O que fixemos en Galicia, de Antonio Miguez, e Fluxos migratorios e escola intercultural, de Sara López, gañadores ex aequo do premio, un feito co que a Universidade de Vigo, como expresou o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, “cumpre co seu servizo á sociedade, da que forma parte e é indisoluble”.
25/03/2009