A choiva e o frío inesperados nestas datas do ano non apoucaron aos organizadores do San Leandro, o patrón da EUET Forestal. No último momento decidiron alugar unha carpa e están convencidos de ter cumprido o seu obxectivo: aumentar o nivel da celebración. Ao longo da tarde pasaron polo escenario situado diante do centro Voltaica, Fervellasverzas, Deseqilibrio Mental, Medomedá e Champurada. Rock, punk e metal da terra, quizais pouco coñecidos fóra de Galicia, pero con bastantes seareiros entre o alumnado universitario. Ademais de música houbo poker, dardos e futbolín, amenizados polo grupo de música tradicional Tócame a Ghaita, composto integramente por estudantes da escola.
25/03/2010