A colaboración entre o grupo de investigación GHI22 da Universidade de Vigo e a empresa Geriatros vén de dar o seus froitos. No ano 2008 iniciouse o proxecto MCI-FIT, subvencionado polo programa INCITE, Plan Galego I+D+i, co obxectivo de estudar durante seis meses os efectos da práctica de exercicio de tipo aeróbico a dúas intensidades, ao 40% e ao 60% da Frecuencia Cardíaca Máxima (FCM), en un persoas maiores con deterioro cognitivo. Tras a análise dos datos obtidos na fase experimental, os investigadores observaron un resultado máis positivo nas persoas que traballaron ao 40%, aínda que consideran que este achado non é concluínte debido á curta duración do proxecto, pero que demostrou que a actividade física retarda o proceso dexenerativo.
25/06/2010