Bioloxía, Ciencias do Mar e Química viron hoxe cumprida unha das súas máis firmes reivindicacións: a apertura dunha biblioteca que dese servizo ás tres facultades que conviven no Edificio de Ciencias Experimentais. Con 1.500.000 de euros de orzamento, o novo edificio pon ao servizo da comunidade universitaria 980 metros cadrados de espazo útil que alberga 278 prazas de lectura, 3 salas de traballo e máis de 22000 volumes de consulta.
“Trátase dunha dotación básica de calidade”, salientou o reitor, Alberto Gago, na inauguración do centro, que contou tamén coa asistencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares.
02/10/2009