A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEME), despois de entregar no mes de decembro os premios Enfoca_Rme e Curtametraxes enerxéticas, lanza, como cada ano, o seu concurso Excava_Rme 2022. O obxectivo principal é que o alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e ciclos formativos fabrique un guindastre que sexa capaz de rotar sobre si mesmo e de remover e cargar material mediante o control remoto.
17/02/2022