A Facultade de Educación e Traballo Social convocou este martes unha concentración “pola educación a prol dos valores sociais de igualdade, respecto e tolerancia” e “ante a polémica xurdida na Universidad de La Rioja polos comentarios machistas e sexistas proferidos por alumnado de Maxisterio cara ao alumnado de novo ingreso”. Ao acto asistiu alumnado, profesorado e membros da comunidade universitaria, como o decano da facultade Xosé Manuel Cid e o vicerreitor do campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez Rajo.
12/09/2023