O tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo celebrarase este ano en Ourense e correrá a cargo da Orquestra Sinfónica Vigo 430, baixo a dirección de Isabel Rubio e coa participación como solistas dos músicos Xesús Pimentel Cuchus e Jorge Castañeda. Será o xoves 16 de decembro, ás 20.30 h, no Auditorio Municipal, e nel as guitarras flamencas e as bandas sonoras do cine terán un protagonismo destacado.
03/12/2021