“Este premio é un recoñecemento a todo o traballo de base, a todo o traballo coral, realizado polas investigadoras e profesoras dos centros do campus de Ourense que participamos en Exxperimenta en Feminino, polo que agradecemos moitísimo a súa concesión”. Con estas palabras, o colectivo Exxperimenta en Feminino, recibiu a nova este luns da concesión do XVI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que outorga o Concello de Ourense.
22/02/2022