Dende este mércores 21 de marzo, Día Mundial Forestal, o xardín do campus de Pontevedra conta entre as súas especies cunha cryptomeria japonica. Co gallo desta celebración, a Escola de Enxeñaría Forestal plantou unha árbore conmemorativa en lembranza das vítimas do tsunami sucedido hai un ano en Xapón, “para amosar o noso sentimento de solidariedade co país nipón”, sinalou Juan Picos. Esta iniciativa, organizada pola CREIF en conxunto con outras catro universidades españolas, estivo amadriñada por Megumi Shiozawa, presidenta da asociación Casa Galicia-Xapón que agradeceu a invitación a este acto.
21/03/2012