Pontevedra acollerá do 6 ao 8 de maior o III Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e Educación Física, un evento de transcendencia estatal para abordar o deporte dende a saúde, o rendemento en competición, a historia, o ocio e a xestión e que terá lugar no Pazo da Cultura. “Pontevedra convértese así na única cidade cun evento estable desta índole, pois adoitan ser itinerantes”, salienta Víctor Arufe, o director xeral do comité organizador.
O congreso estrutúrase en torno a seis temáticas: saúde, rendemento deportivo, socioloxía e psicoloxía deportiva, ocio, didáctica da educación física e deportiva e xestión. Dentro destas áreas impartiranse 13 conferencias maxistrais e 12 cursos de especialización.
22/03/2010