A exposición Watts, unha homenaxe ao labor imprescindible da luz para poder percibir as cousas que nos rodean, prolonga a súa estadía na Sala X durante todo o mes de febreiro, aínda que tiña programado pechar as súas portas o pasado día 4. Como apunta Itzíar Ezequieta Llamas, responsable da sala, “Watts está ser moi visitada polo alumnado do campus pero tamén está a ter unha boa acollida entre o público da cidade en xeral, fóra do ámbito universitario”. Sete artistas son os que abandeiran esta exposición, Ana Seoane, Carlos Isla, José Andrés Santiago, Fran Miguens, Miguel Cuba, Christian G. Bello e Eduardo Outeiro, estudantes de doutoramento da Facultade de Belas Artes.
08/02/2011