A tipografía caracterízase pola súa discreción, pero o certo é que a súa correcta selección marca a diferenza entre un bo e un mal deseño gráfico. Debido a súa importancia, o interese dos profesionais, tanto pola súa aplicación práctica como teórica, vai en aumento. Para dar resposta a esta demanda xurde o obradoiro de Creación de tipografía dixital, coordinado polo docente en Belas Artes, Marcos Dopico, quen o considera “vital para a formación dun deseñador gráfico”. Aberto para toda a cidadanía e gratuíto, o curso impartirase na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás e o período de inscrición, desde Bubela, remata este venres.
10/03/2011