“A primeira tempada funcionou tan ben que decidimos independizarnos un pouco e crecer”, salienta Anxos Fazáns, guionista e directora de Fame, a webserie que un grupo de estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación impulsou en xullo de 2013 no Curso de Medios Audiovisuais que a Universidade organiza en Celanova. Tres días de gravación e catro de montaxe fixeron posible que naquel taller nacesen os tres primeiros episodios dun proxecto que recibiu unha moi boa acollida na rede, o que deu ánimos aos seus responsables para seguir adiante e, de feito, actualmente atópanse gravando en Pontevedra a segunda tempada, que se estreará en xullo.
25/04/2014