Tras dous meses de descanso a Intercultural regresa con forzas renovadas no segundo cuadrimestre cunha programación chea de actividades que se desenvolverán entre o 4 de marzo e o 28 de maio.
Os concertos serán os protagonistas, con música galega, hip-hop, pop e de cantautor; pero o programa tamén inclúe proxeccións de cine e curtametraxes, relatorios, un recital poético e un peche fin de festa por todo o alto co Festival Intercultural, “unha experiencia na que temos moita ilusión e á que agardamos acudan non só universitarios senón toda a cidadanía”, explicou Juan Francisco Gálvez, vicerreitor do campus de Ourense. A Intercultural que iniciou a súa andaina o pasado ano, consolídase nesta edición como un dos piares da actividade cultural do campus.
27/02/2009