A sétima xornada da Liga Galega de Xadrez estivo marcada por un feito inusual que non se repetira dende o ano 2008. O conxunto da Universidade de Vigo sorprendeu ao caer ante o Arteixo A cun resultado de 2,5 a 3,5 puntos na que conforma a súa primeira derrota da tempada ante un dos equipos máis febles, situado nos postos de descenso. Pero esta derrota non afectou ao conxunto da Universidade, que aínda encabeza a liga dende unha posición moi cómoda, a tres puntos e medio de diferenza do seu principal rival, o Marcote A.
08/03/2010