Será o domingo, ás 12.00 horas no aparcadoiro situado entre o Edificio de Servizo de Deportes e a piscina, cando tomarán a saída aos 538 participantes nos 10 km Cidade Universitaria. Nese mesmo intre, o Ednon TRC estará a disputar, tamén no campus, o penúltimo encontro de liga diante do BUC Barcelona. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, os xogadores que adestra Cristina Alonso loitarán por acurtar distancias co líder, recibindo ao CB Arteixo.
Pola súa banda, os xadrecistas, a falla de dúas roldas para o remate da competición, intentarán manter o primeiro posto no enfrontamento ante o Círculo Ferrolá. A cita será o sábado, a partir das 17.00 horas na sala de xadrez do Servizo de Deportes, e poderá ser seguida, en directo, a través da súa web.
20/03/2009