Ano tras ano, as universidades de todo o mundo incrementan a porcentaxe de artigos científicos publicados en acceso aberto. Para a Universidade de Vigo tense convertido nunha prioridade, como se recolle no seu Plan Estratéxico e se traduce en cifras: unha evolución que vai do 27% de artigos en acceso aberto publicados en 2013 ao 69% do 2022, en liña coa porcentaxe do sistema universitario galego e por riba da media española, que se sitúa no 64%.
12/01/2024