18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
A importancia que teñen as e os artistas formados na Facultade de Belas Artes á hora de abordar a traxectoria e o presente da arte de acción en Galicia é un dos propósitos do novo volume da serie En tránsito, un conxunto de publicacións nas que egresados e egresadas afondan na súa traxectoria e proxectos.
Dentro das accións dun proxecto europeo, Dirección e Xestión Pública acolle unha exposición fotográfica sobre a Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 en Estonia, Letonia e Lituania, que por aquel entón formaban parte da URSS.
O Pazo da Cultura de Pontevedra foi na noite deste mércores o escenario do tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que cada ano desenvolve de xeito rotatorio nas cidades nas que se asentan os seus tres campus.
Dar a coñecer o funcionamento dos bosques cun enfoque científico e ecolóxico é o propósito central de O bosque é a nosa casa, un libro divulgativo que Sara Fernández e Sonia Roig presentaron este martes na Escola de Enxeñaría Forestal.
A Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo, da Universidade de Vigo, celebrou este luns o acto de entrega de premios dun concurso de vídeos dirixido a pór o foco no conxunto de prácticas laborais, sociais e políticas que discriminan ás persoas por razóns de idade.
Ángeles López Lozano, directora técnica da Oficina de I+D da Universidade de Vigo, acaba de recibir en Madrid o premio IPFest á traxectoria profesional, galardón que se entrega ao abeiro do IPFest, un evento de carácter profesional que botou a andar hai agora un ano.
Docentes das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo participaron este venres na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación nas IV Xornadas de Tecnoloxía para o Ben Común, educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas.
A Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía aproveitou este mércores a celebración da súa patroa, Santa Bárbara, para presentar o museo virtual da Colección de Minerais de Manuel de Sas, unha exposición permanente de minerais instalada en 2018 no vestíbulo central da escola.
O mércores 13 de decembro, o Pazo da Cultura será escenario do Concerto de Nadal que a Universidade de Vigo promove cada ano nestas datas e que retorna a Pontevedra neste 2023.
Comeza a conta atrás para celebrar unha nova edición do festival científico CinVigo, organizado por segundo ano consecutivo polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, co propósito de converter as rúas e prazas de Vigo nun auténtico laboratorio, aberto a toda a cidadanía.
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz asistirá este venres en Vigo á presentación do novo libro do profesor de Economía Aplicada Albino Prada, ¿Sociedad de mercado o sociedad decente? Crítica de la gran abducción neoliberal.
Organizado pola Asociación Cultural Novos Cinemas e Matriuska Producións, coa participación do Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo e o apoio da Deputación e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas desenvolverá entre o 12 e o 17 de decembro a súa oitava edición.
Dunha docente xubilada a unha graduada o pasado curso, artistas de diferentes xeracións, todos eles ligados á Facultade de Belas Artes como docentes ou antigos alumnos, protagonizan Campo de Sementes 2, a exposición inaugurada na tarde deste xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Con independencia das técnicas empregadas e da obra resultante, o proceso creación artística implica unha experimentación, unha exploración dos límites e posibilidades expresivas de diferentes materiais na que pon o foco Formas de atrapar unha sombra, a nova exposición da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes.