Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
A terceira e última edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo xa está en marcha. A cita é cada venres, desde o pasado 23 de febreiro e ata o 3 de maio.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense súmase á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en marcha dun concurso fotográfico. A súa temática, indican desde o centro, é A muller de hoxe.
A Escola Infantil Concepción Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2024/2025. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educación infantil da Xunta de Galicia.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores unha nova sesión da súa aula aberta, titulada Aprendemos a xogar con Brazolinda.
A Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense participa desde o pasado 15 de febreiro e ata o 15 de marzo na XX edición da Olimpíada Solidaria de Estudo, organizada por Coopera ONG.
A Universidade de Vigo súmase á conmemoración este mes do Día Mundial da Xustiza Social, o 20 de febreiro, coa celebración dun programa de actividades divulgativas que inclúe unha conferencia, un obradoiro e sobre todo a publicación dun minidicionario sobre esta temática.
Con motivo da celebración o 12 de abril do Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e o Día da Cosmonáutica, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense convoca a segunda edición do seu concurso de fotografía AeroVision 2024.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 2 de marzo cunha andaina de montaña que descorrerá por Cabeza de Manzaneda pola serra de San Mamede (Ourense).
Baixo o título El placer de las mujeres importa, este mércores presentouse no campus de Ourense un corto de animación que ten como obxectivo reivindicar e visibilizar a sexualidade feminina e de xeito especial o clítoris.
O campus de Ourense celebra este venres unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. Nela, conflúe un amplo colectivo de máis de medio centenar de investigadoras e investigadores da UVigo de diferentes disciplinas e máis de 300 escolares e familias.
O VIII Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia xa ten gañadoras e gañadores: 12 rapazas e rapaces de cinco centros educativos da provincia.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 17 de febreiro cunha andaina de montaña que descorrerá pola serra de San Mamede.
O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves a resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia pola que se acredita o Campus Auga como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia.
Esta semana arrancou na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense unha nova edición de Conversas sobre emprendemento. Trátase dun ciclo de conferencias-coloquio que ten como obxectivo “promover a divulgación científica, o emprendemento e a cultura empresarial da cidadanía e pór en valor a importancia da investigación en Economía e Empresa”.