O pasado día 8 de maio o campus de Ourense acolleu a sinatura dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Club Natación Escualos para a promoción da práctica da natación entre a comunidade universitaria e a poboación preuniversitaria da contorna. No marco desta colaboración, o club quere fomentar a participación de alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos do campus, levando a cabo estes días diferentes accións para darse a coñecer.
20/06/2018