O Campus Universitario Ourense Rugby Club disputou o domingo a súa segunda xornada da liga2020/2021 da división de honra B do rugby estatal. O equipo desprazouse a Victoria para xogar con Gaztedi RT, perdendo finalmente o encontro por un axustado marcador de 26-25. “Tras unha primeira parte igualada, o mellor do partido chegou na segunda, parte na que o Campus Ourense mellorou o seu xogo e puxo a balanza bastante equilibrada con tres ensaios que non puideron finalmente bater aos de Gaztedi”, comenta desde o club. A pesar deste revés, desde o equipo destacan como “hai que seguir traballando con gañas e ilusión”.
02/11/2020