Tendo en conta que o pasado 20 de outubro se celebrou o Día da Proba do VIH, este mércores o Centro Quérote+ de Ourense, da Xunta de Galicia, trouxo ao edificio de Ferro do campus de Ourense un posto informativo no que o alumnado interesado puido coñecer en detalle tanto os métodos de prevención da transmisión como a proba rápida do VIH a través de fluído oral.
24/10/2018