No marco do seu proxecto de especialización como Campus da Auga, este xoves e venres o campus de Ourense acolle o III Congreso Internacional da Auga. A cita, que nesta ocasión ten por lema Auga, sociedade e territorio e está centrada no eido da historia, a xeografía e a historia da arte, manexa cifras de 80 comunicacións e pósters de expertos e expertas procedentes de oito países e arredor de 150 asistentes.
25/10/2018