“O cambio climático constitúe un gran desafío para os bosques europeos, demostrado polos recentes eventos extremos e perturbacións forestais, dunha intensidade sen precedentes”. Este feito constitúe o punto de partida de Resonate, un proxecto de investigación seleccionado na convocatoria europea Horizonte 2020, no que participan 20 institucións e organismos de doce países, entre os que se atopa a Universidade de Vigo.
05/05/2021