Nunha breve sesión celebrada este mércores, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou, por asentimento, o calendario académico para o vindeiro curso 2024/2025, no que a actividade docente comezará o 09 de setembro e finalizará o 6 de xuño. Nesta xuntaza o reitor informou da concesión do premio Uviguala 2024 ás promotoras de Elas Fan CienTec.
28/02/2024