Polo seu baixo índice de envellecemento, pola súa proximidade a Vigo, unha das cidades máis castelanizadas de Galicia, pola presenza do galego tradicional e pola súa rápida e fonda transformación social, o concello de Moaña presenta unha situación sociolingüística dinámica. E por estes motivos investigadores da Universidade de Vigo escolleron este municipio para realizar un estudo sobre a lingua e a sociedade da vila.
04/04/2019