A conselleira de Política Social, Fabiola García; o director xeral de Maiores e Discapacidade, Fernando González; os reitores das universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, Manuel Reigosa, Antonio López e Julio Abalde; e o director do centro da UNED da cidade de A Coruña, Germán Carro, asinaron este luns a renovación dun convenio polo que o departamento da Xunta achegará para a formación de persoas maiores este ano 2021, un total de 130.000 euros.
10/05/2021