Santiago de Compostela acolleu este mércores e xoves a celebración do V Congreso da Rede Localis, xestionada polo grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo. A cita reuniu a especialistas, principalmente do eido académico e da administración, para abordar os retos e desafíos dos municipios de menor poboación tendo en conta que as “as entidades locais atravesan, sen dúbida, por un momento crucial” ante a caída demográfica.
13/07/2023