As instalacións deportivas do campus de Ourense acolleron este sábado a celebración do Torneo Internacional de Rugby Sub-14, unha cita organizada polo Campus Universitario Ourense de rugby. A competición, de acceso libre ás persoas interesadas, comezou ás 12.30 h e consistiu nun triangular entre os equipos Rugby Club l´Hospitalet, de Barcelona; Braga Rugby, de Portugal, e o propio Campus Universitario Ourense.
18/06/2018