Ubú rei, o clásico de Alfred Jarry, foi este martes o protagonista da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario que estes días trae ao campus unha nutrida representación de obras teatrais, tanto nacionais como estranxeiras.
Interpretada pola Aula de Teatro da Universidade da Coruña, a obra é unha crítica ácida e mordaz ao autoritarismo, que revolucionou a sociedade parisina na súa estrea, a finais do XIX.
Dirixida por Zé Paredes, a peza conta coa interpretación de Andrés Lorenzo, Dalia Belón, Juan Carlos Corredoira, Juan Rey, Leticia García e Noela Vázquez.
22/04/2008