O lince ibérico, a aguia imperial, o cervo ou a gacela son exemplos de especies cun risco inminente de desaparecer da península ibérica. Por este motivo, e por seren variedades autóctonas dos nosos bosques, serán as protagonistas da I Xornada sobre Conservación da Diversidade Biolóxica que terá lugar na Facultade de Bioloxía o vindeiro 19 de setembro.
Organizada pola Rede Galega de Conservación da Diversidade Biolóxica, Cons-Bio, a xuntanza ten como fin o fomento do debate e o intercambio de coñecementos no eido da conservación. Segundo explica o coordinador da Rede e organizador do evento, Armando Caballero Rúa, “invitamos ás conferencias a poñentes que traballan na conservación das especies bandeira e deixamos para as menos emblemáticas a sección de paneis, para que os grupos participantes expoñan os seus traballos”.
06/08/2008