497 prazas nas residencias dos tres campus e 124 bolsas de aloxamento, nove máis ca no curso anterior. Nun curso cun orzamento restritivo no que infraestruturas, administración e extensión universitaria afrontaron un importante recorte de orzamento debido ás dificultades económicas e financeiras, “a Universidade mantén e mesmo incrementa lixeiramente o esforzo naqueles colectivos que máis o precisan: os estudantes”, subliñou o vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas, no Consello de Goberno celebrado esta mañá, unha sesión na que, ademais da convocatoria de prazas e bolsas de aloxamento, se aprobaron diferentes cuestións académicas para o vindeiro curso.
10/05/2011