A presenza de 80 expertos internacionais converte dende este e luns e ata o mércores a vila de Baiona no epicentro mundial das ferramentas de aprendizaxe cognitiva. O III Workshop on Cognitive Information reúne a investigadores de Grecia, Estados Unidos, Turquía, Brasil, Dinamarca, Reino Unido, Portugal, Italia, Israel, Francia, Alemaña e China ao abeiro dun congreso organizado, na súa terceira edición, polo Grupo de Procesado do Sinal en Comunicación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. No acto de inauguración, o reitor, Salustiano Mato, destacou a relevancia deste “evento que ofrece unha grande oportunidade para escoitar e discutir os resultados máis novos no extremadamente rápido desenvolvemento do campo do procesamento da información cognitiva”.
28/05/2012