Falo galego sen compromiso. Pracer oral. Con esta frase respondeu Pablo Beltrán, estudante de 4º curso da ETS de Enxeñaría Industrial, á demanda dunha misteriosa persoa que hai unha semanas empapelou as paredes dos escolas e facultades da Universidade de Vigo na procura de amante galego falante.
Xunto á proposta gañadora que recibiu como premio un computador portátil, outras seis respostas elaboradas por Silvia Costa, Elena González, Manuel Martínez, Sandra Rúa, Enrique Blanco e Severo Javier Costa, obtiveron unha mención especial.
29/04/2009