Un método capaz de detectar a presenza de yessotoxinas, toxinas cardiotóxicas clasicamente catalogadas como diarreicas, é un dos logros da tese de doutoramento da investigadora Beatriz Paz, licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Segundo Paz, “as yessotoxinas en realidade non causan diarreas pero, debido ás súas propiedades de solubilidade comúns, coextráense coas toxinas diarreicas e, como consecuencia desta interferencia, prodúcense falsos positivos no bioensaio en rato. Debido a isto lévanse a cabo numerosos peches erróneos e innecesarios de zonas de marisqueo cunha importante repercusión económica”.
08/02/2008