A pesar do aumento de preto de 1200 persoas na comunidade universitaria, o pegada ecolóxica da Universidade de Vigo nos últimos catro anos diminuíu nun 10%, o que a sitúa entre as as institucións académicas europeas con mellor balance ambiental. Este é un dos resultados do informe sobre a Pegada Ecolóxica da Universidade de Vigo 2008-2011 presentado este xoves polo reitor, Salustiano Mato, e o director da Área de Prevención e Calidade Ambiental, Benedicto Soto, a primeira análise deste tipo continuada no tempo que se realiza nunha universidade española. O estudo amosa unha diminución das emisións que pasan do 0,209 hectárea/persoa/ano en 2008 a 0,184 hectárea/persoa/ano en 2011, un resultado que valorou moi positivamente o reitor, e que froito de diversas actuacións nos tres campus como o uso de enerxías renovables, o cambio de luminarias, a instalacións de sensores de presenza ou de portas automáticas.
20/12/2012