Os alumnos do terceiro curso da titulación de Publicidade de Relacións Públicas, organizaron unha Chourizada co único obxectivo de recadar fondos para poder festexar a súa patrona, Santa Catalina de Siena, o vindeiro 29 de abril. Na entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, estudantes e docentes de todo o campus participaron nesta actividade na que non faltou comida, bebida nin música para animar o ambiente. Segundo comentou unha das rapazas organizadoras da festa, “todos os anos os alumnos de 3º teñen que organizar a festa de Santa Cata, así que preparamos isto coa intención de conseguir máis cartos para a celebración e tamén para poder ir de excursión”.
06/03/2008