Este mércores 31 de maio celébrase o Día Mundial sen Tabaco. Co gallo desta data, a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense achegouse ao campus para, nun posto situado na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro, lembrar á comunidade universitaria, con especial atención á xuventude, a importancia dunha vida sen tabaco.
31/05/2023